O 24 de outubro
conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares.
Para nós, a biblioteca é un espazo moi importante no que pasaremos
moito tempo, xa que é idóneo para adquirir novas aprendizaxes.
O xoves coñecemos a súa nova organización, o decálogo de normas
para o seu funcionamento, as actividades que se realizarán no recreo (lectura,
xogos, curtametraxes, contacontos,
bibliopatio…). Dende o luns, os colaboradores durante os recreos axudarán a un
mellor funcionamento da biblioteca.
Entre todo o alumnado do centro, elaboramos un mural que leva por título “Deixa voar a túa imaxinación. Le”. Un
mural que se compón de moitas plumas con mensaxes moi significativas: eu leo para soñar, eu leo para aprender…
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca.
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario