Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas

Sesión de cine 25 N

Entre outras actividades, conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cunha sesión de "cine" na biblio, na que se proxectaron curtametraxes, adaptadas á idade e vencelladas coa devandita temática para poder iniciar unha reflexión co alumnado.


 

Aida Cobas

 Hoxe, estivo con nós Aida Cobas narrándonos contos sobre autoestima, aceptación das diferencias e a importancia de crear a nosa propia historia, tal e como o fixeron as nosas avoas. 



Pulseiras 25N

 Nos momentos de lecer e na sesión de Polos Creativos o alumnado eleborou unhas pulseiras co lema 25N ALTO E CLARO.

Tras recortalas en vinilo textil coa Cricut adicáronse a cortar lazo, pelar o vinilo, planchar e insertar boliñas para cerrar.

Así foi o traballo en cadea que tiñamos preparado na nosa biblio!

 

25N

 Como cada 25 de novembro, no centro realizáronse distintas actividades para reforzar valores sobre igualdade e non violencia.

Daia deixounos unhas recomendacións lectoras para poder profundizar sobre esta temática.

Programa radio 25N

 Estreamos radio no cole!! Emocionante oír aos nosos e ás nosas peques unindo voces en prol da non violencia!

25N

Durante o día de hoxe, xuntámonos na biblio para visionar #asbravasdepalas e o vídeo realizado por diferentes centros escolares, principalmente da provincia de Lugo, onde se reivindica a erradicación da violencia de xénero, no que nós tamén participamos #equaliter2019


Pola tarde, contamos coa presenza de Alfonso no escenario que, estando moi ben acompañado, fíxonos desfrutar coas súas historias. Graciñas!!!

#asbravasdepalas


Para conmemorar o Dia Internacional contra a violencia de xénero quixemos poñer en valor a forza das mulleres.
O alumnado recolleu as súas ideas e as nais, avoas, mestras, amigas,...do noso entorno póñenlle voz e imaxe.
Non podemos estar máis agradecidos!!

O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...