Mostrando entradas con la etiqueta día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas

Día das bibliotecas escolares

 

Conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares enchendo a nosa biblio de diferentes culturas e tradicións.

Familias de diversas nacionalidades explicáronnos aqueles aspectos máis relevantes do seu lugar de orixe, sendo o punto de partida do Proxecto Anual de Centro "Somos Diversidade". Ensináronnos moitas curiosidades e motiváronnos un montón, agora tócanos a nós seguir investigando!

Non podemos estar máis agradecidos ás familias participantes pola súa implicación, fixéstesnos pasar unha xornada súper especial!

Gracias, grazie, multumesc, thank you, شكرًا لك shkran lak!

Día das bibliotecas

 Este curso o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia é "Unha biblioteca escolar en viñetas", e quere poñer o foco na importancia do cómic para a formación do itinerario lector, o cómic como un lugar para encontrarse. 

Nós tamén quixemos facer os nosos cómics nun mural que nos serviu para decorar o recuncho sobre este tema. 


Día das bibliotecas escolares

 Hoxe é o Día das Bibliotecas! E non se nos ocurriu mellor forma de celebralo que mesturalo con Samaín e Halloween, e gozar de contacontos durante toda a semana na  nosa biblio. 

 Grazas a Susana, Carmen e Lucía por contarnos historias chulísimas!

Atentos porque teremos máis durante toda a semana!

Ana Meilán

 Graciñas, Ana Meilán, por viaxar connosco durante toda a mañá con esa maleta cargada de contos que tiñas para nós e por axudarnos a descubrir e crear bonitas historias!


O Caderno de Rosalía


 

No día de hoxe, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria coñeceu á escritora María Xesús Blanco. Despois de ter lido "O caderno de Rosalía", foi todo un pracer poder contar no cole coa autora do libro que respostou encantada a todas as nosas curiosidades.

Graciñas por vir!



Conmemorando o Día das Bibliotecas Escolares


O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares.
Para nós, a biblioteca é un espazo moi importante no que pasaremos moito tempo, xa que é idóneo para adquirir novas aprendizaxes.
O xoves coñecemos a súa nova organización, o decálogo de normas para o seu funcionamento, as actividades que se realizarán no recreo (lectura, xogos, curtametraxes,  contacontos, bibliopatio…). Dende o luns, os colaboradores durante os recreos axudarán a un mellor funcionamento da biblioteca.
Entre todo o alumnado do centro, elaboramos un mural que leva por título “Deixa voar a túa imaxinación. Le”. Un mural que se compón de moitas plumas con mensaxes moi significativas: eu leo para soñar, eu leo para aprender…
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca.  




O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...