


Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cunha exposición de carteis sobre a biografía da escritora, elaborados por todo o alumnado do cole.
As nenas e os nenos de 5º de educación infantil cóntannos como traballaron a figura de Rosalía de Castro:
“ Ingredientes á pota seguindo a receita, poñémola ao lume sen deixar de remexer e… plastilina lista!
Unha vez fría, creamos, en pequeno grupo, os tres nomes de Rosalía (María Rosalía Rita) e o seu apelido (de Castro), cada equipo gravou a súa palabra na aplicación scratch, para dar comezo á maxia.
A través da placa makey makey, cada vez que tocamos a plastilina soa a palabra escrita. Guau!”
O 23 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro.
As familias do Ceip Plurilingüe de Palas de Rei póñenlle voz a algúns dos seus poemas.
Escoitade moi atentos!
Queredes aprender un pouco máis sobre Rosalía de Castro?
Na biblio temos unha exposición moi chula con libros desta autora para conmemorar o seu día, graciñas ás familias pola súa colaboración!!
Ademais podedes ver dous genially que elaborou a profe María, seguro que o pasades xenial!
Rosalía de Castro achegouse ata a árbore da biblio guiada por unhas voces que recitaban os seus poemas.
Queredes oilas?
Achégase o día de Rosalía, que vos parace se xogamos cun dos seus poemas?
Soamente tedes que imprimir e...a pasalo ben!
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...