Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas

Obradoiro entroido

 Nesta semana, no tempo de lecer na biblio recortamos coa cricut unhas gafas ben divertidas, decorámolas e listas para o entroido!

Entroido

 Celebramos un entroido con disfraces sostibles, empregando materiais de refugallo ou reutilizando roupas e obxectos que tiñamos pola casa.

Podedes ver máis imaxes dende aquí.

Entroido na biblio

Algún neno da aula de 5 anos: "pois xa que imos pasar un día tan xenial disfrazados podiamos ir a ese sitio do cole que nos encanta, xa sabedes todos cal é, non?"

E claro que sabían.

A NOSA BIBLIO!

A biblio do cole ofrécenos un montón de recursos. Neste entroido, aproveitámola para ler algún conto vencellado coa igualdade, para gravar un programa de rimas cos nosos disfraces e para transportarnos a un milleiro de lugares co chroma!



 

Coñecédesnos? 

Imos de entroido

 Imos de entroido por Galicia...este curso investigamos sobre as diferentes tradicións da nosa xeografía e plasmámolo neste mural, elaborado polo alumnado.


E como nos gusta moito a festa, decidimos ir de folión!





Entroido de conto

As personaxes dos nosos contos favoritos escaparon dos andeis da biblio! Foron vistas este entroido polas rúas do pobo e, polo que nos contaron, son ben larpeiras porque estiveron na Praza do Concello tomando unha chocolatada.
Que non o credes? Temos imaxes que o demostran...ollade!

O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...