
Letras Galegas 2026

As nosas cantigas
Gracias ás nosas familias recollimos cantigas de tradición oral galega que seguen vivas nas nosas memorias.
Cantigas do traballo, da festa, do colo, dos nosos animais... de aquí e acolá, pero todas parte da nosa historia.
Obradoiro cantareiras
Comezamos a semana das Letras Galegas, da man de Azucena, convertíndonos en cantareiros e cantareiras, a que se lle adica este 17 de maio.
Aprendemos esas cantigas ás que tantas mulleres lles puxeron voz.
Que soen as ferreñas!

Preme aquí para ver máis imaxes.
A Xanela do Maxín
Tarde de “Lectura e Familias” a cargo de A Xanela do Maxín co espectáculo dende Rosalía ata as cantareiras.
Letras Galegas 2024
Neste día das Letras Galegas 2024, coñecemos a figura de Luisa Villalta investigando sobre a súa vida e obra. Dadas unhas cuestións previas, cada aula cumpriu o reto de descubrir con que palabra relevante da vida da autora se correspondía.
Este traballo, quedou reflectido neste mural colaborativo.
Vilar de Donas
Hoxe, foi un día estupendo en Vilar de Donas, co que rematamos as conmemoracións do Día das Letras Galegas!!! Fixemos un maio entre todos e todas, cantamos, tocamos, bailamos, recitamos, xogamos moito...
Acompañáronnos as amigas e amigos do grupo "Fonte de Merlán"... moitas grazas!!!!
Para rematar comemos todas e todos xuntos!
Letras Galegas 2023
Velaquí, varios espazos do cole e da biblio onde coñecer, un pouco máis, ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego.
Queredes saber máis? Premendo nas seguintes imaxes descubriredes máis curiosidades sobre este autor.
Remataremos a conmemoración do Día das Letras Galegas cunha convivencia en Vilar de Donas para festexar Os Maios... xa temos todo preparado! Graciñas ás familias pola súa colaboración!
Letras Galegas 2021
Coñecemos a figura de Xela Arias e plasmámola neste mural colaborativo.
Podedes seguir aprendendo máis na web do Seminario Galán ou na de A primavera das Letras.
«Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non entende de poesía. A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai»
XELA ARIAS CASTAÑO
Seguimos coñecendo a Ricardo Carvalho Calero
Xogo Letras Galegas 2020
Xogo para os máis peques
O facho olímpico
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...
-
Durante o tempo de lecer, iniciámonos no uso da máquina de coser creando estas árbores.
-
Alumnado do IES do Camiño acudiu na mañá de hoxe ás aulas de infantil para realizar unha sesión de conta contos . Quedou claro que fo...
-
Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro. O alumnado de cada aula, escolleu unha depo...












