Xogar, construír, ler, respirar, debuxar, crear, imaxinar, escoitar… pero sobre todo, tempo para COMPARTIR. Todo isto nos ofrecen os espazos da nosa biblio! Agardámoste!
Mostrando entradas con la etiqueta tempo de lecer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tempo de lecer. Mostrar todas las entradas
Tempo de lecer
Xogar, relaxar, construír, ler, artellar, crear, pensar, compartir, coser...
Isto é o que acontece un día calquera na nosa biblio...
Biblio patio
“Buaaaa, liiibroooos!!!”, “hoxe había un millón de libros no patio”...estas son algunhas das emocionadas expresións que se oían hoxe no patio dos máis peques do cole. Bibliopatio comezou para saír todos os venres no tempo de lecer.
Noraboa ao alumnado colaborador da biblio por ser tan agarimosos...agárdanvos ilusionados!
Noraboa ao alumnado colaborador da biblio por ser tan agarimosos...agárdanvos ilusionados!
A biblioteca no tempo de lecer
A biblioteca,
pasiño a pasiño, segue ofrecéndolle ao alumnado novas posibilidades durante o tempo de lecer.
Os luns e os martes os nenos/as poden ler, disfrutar de xogos
coma o xadrez ou o dominó, outros de lóxica, de razoamento.
Os mércores
convértese nunha sala de cine. Nesta
ocasión comezamos a ver a película “Vaiana”,
polos valores tan bos que transmite.
Este xoves David
Ogando foi o protagonista na sesión de conta
contos. “Abrazo de oso” foi o
conto escollido.
Os venres rematan
a semana acudindo no recreo da mañá e no da tarde á biblioteca para ler, estar na zona de xogos…
A semana que vén presentarémosvos ao alumnado colaborador da biblioteca. Se o tempo o permite,
estrearase o venres a actividade biblio patio para que os contos
cheguen ao alumnado de infantil e de 1º primaria no tempo de lecer.
Conmemorando o Día das Bibliotecas Escolares
O 24 de outubro
conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares.
Para nós, a biblioteca é un espazo moi importante no que pasaremos
moito tempo, xa que é idóneo para adquirir novas aprendizaxes.
O xoves coñecemos a súa nova organización, o decálogo de normas
para o seu funcionamento, as actividades que se realizarán no recreo (lectura,
xogos, curtametraxes, contacontos,
bibliopatio…). Dende o luns, os colaboradores durante os recreos axudarán a un
mellor funcionamento da biblioteca.
Entre todo o alumnado do centro, elaboramos un mural que leva por título “Deixa voar a túa imaxinación. Le”. Un
mural que se compón de moitas plumas con mensaxes moi significativas: eu leo para soñar, eu leo para aprender…
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca.
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
O facho olímpico
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...
-
Durante o tempo de lecer, iniciámonos no uso da máquina de coser creando estas árbores.
-
Alumnado do IES do Camiño acudiu na mañá de hoxe ás aulas de infantil para realizar unha sesión de conta contos . Quedou claro que fo...
-
Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro. O alumnado de cada aula, escolleu unha depo...






