Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas

Caxoto

 Hoxe, tivemos con nós a Caxoto dentro do itinerario de Lectura e Familias. Encantounos escoitar todos eses contiños que garda debaixo da almofada

Gracias á ANPA por financiar esta sesión.



Aida Cobas

 Hoxe, estivo con nós Aida Cobas narrándonos contos sobre autoestima, aceptación das diferencias e a importancia de crear a nosa propia historia, tal e como o fixeron as nosas avoas. 



Ana Meilán

Hoxe, comezou o programa Lectura e Familias deste curso 2025-2026, coa escritora Ana Meilán.

 Moi boa maneira de arrancar 📗 ❤️


Contos do mundo

No día de hoxe, visitáronnos familiares do noso alumnado para contarnos mooooitos contos e historias, cada unha do seu lugar, na súa lingua, coa súa tradición... pero todos moi especiais.

Tamén a profe Nuria e a nosa auxiliar de conversa Tawny nos leron uns contiños en inglés. Fantastic!

Mil grazas por acompañarnos e enriquecer este día!

Día do libro

Este 23 de abri, conmemoramos o Día do Libro con "Contos do mundo" 

Adiviñades de que país son?

 



Ana Meilán

Nesta tarde de lectura e familias, a escritora Ana Meilán fíxonos viaxar a través dun “Universo na túa maleta”.

Gracias por facernos voar e imaxinar! 




A voar!

Imos rematando o curso con moita festa!

Hoxe, bailamos e cantamos ao ritmo de Ce Orquestra Pantasma.



Espectáculo baseado no libro-cd "A voar. Un conto para soñar con música para brincar", do Cê Orquestra Pantasma e editado por Miudiño S. Coop. Galega.



A Xanela do Maxín

 Novo espectáculo dentro do programa Lectura e Familia. A Xanela do Maxín engaiolounos coas súas historias sobre a auga, o aire, o lume e a terra! 

Graciñas por vir! Encantounos!





Contacontos

 Con motivo do 8 de marzo, as nosas compañeiras do servizo de madrugadores e ludoteca contáronnos o conto "Lúa, a nena que non quere ser princesa"

Motivándonos a ser cada quen o que queira ser!!

Migallas

 Esta tarde, tivemos unha nova xornada de "lectura e familia" con Migallas, co espectáculo Pan de millo. 

Contáronnos un montón de historias e fixéronnos bailar con elas! 
Graciñas a todas as familias que vos achegastes a desfrutar con nós!! 


Contacontos de Ana Meilán

 Hoxe, coñecemos arañas ás que non lles gusta tecer e lobos que nos fan rir cos seus "ventos", así o contou Ana Meilán. Esta escritora, visitounos grazas ao programa Lectura e Familias e, sen dúbida, animounos a ler para seguir coñecendo os personaxes dos seus libros.

Graciñas a todas as familias que participastes nesta actividade!!




Contos Samaín

 Seguimos coas sesións de contacontos de meeeeedo…

Graciñas a nosa cociñeira Ana, a Monse e a Marta por fascinarnos coas vosas historias!! 


Sesión contacontos

 Neste Samaín e Halloween o cole encheuse de historias, lendas e contos grazas a participación das familias.

Pasámolo xenial!

GRACIÑAS!

O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...