Neste Samaín cantamos, bailamos e contamos!
Cada grupo preparou un contiño para contarlle a outra aula, encántanos escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras!
Neste Samaín cantamos, bailamos e contamos!
Cada grupo preparou un contiño para contarlle a outra aula, encántanos escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras!
O alumnado de educación primaria coñeceu a lenda da Santa Compaña e a súa relación co Samaín da man de Cristina, do Museo Terra de Melide e experta nesta temática.
-Se nos gustan os contos?
-Claro!
-Que temos aos mellores contadores e contadoras do mundo no noso cole?
-Por suposto! Para nós, insuperables.
Canto de especial teñen as historias contadas polas nosas familias!
Gracias a moreas a todas as que vos achegastes neste Samaín, facédesnos moi felices!

Ollade, premendo aquí, o moito que desfrutamos.
Nas horas de lecer, as nosas compis de 6º Icía e Helena, axudáronnos cun obradoiro de creación de marcapáxinas monstruosos!
Cando veñen as familias ao cole créase un ambiente especial!
Canta ilusión por escoitar esas historias de meeedo que nos tiñan preparadas para cada unha das titorías.
Grazas a moreas pola vosa participación, non deixades de sorprendernos.
As nenas e os nenos de 4 anos parece que viaxaron moi lonxe neste Samaín!
(Un segredo? Encántalles facerse fotos nesa tea verde que hai na biblio)
A biblio transformouse nunha sala de cine... con palomitas incluídas!
Unha curtametraxe de medo para este último día de Samaín.
Repetiremos!
O alumnado de 6º de educación primaria participou nun escape room na biblio, onde tiveron que superar diferentes probas. Serían capaces de completar a misión?
Graciñas á ANPA por colaborar nesta actividade e pensar na nosa biblio para realizala, agradecemento especial a Marta por organizala… quedou de meeeedo!
Últimas sesións de contacontos deste Samaín!
Canto nos gusta escoitar ás nosas familias e cantas sorpresas nos trouxeron!
Grazas a moreas a todas as participantes! Agardámosvos para a seguinte.
Seguimos coas sesións de contacontos de meeeeedo…
Graciñas a nosa cociñeira Ana, a Monse e a Marta por fascinarnos coas vosas historias!!
Hoxe é o Día das Bibliotecas! E non se nos ocurriu mellor forma de celebralo que mesturalo con Samaín e Halloween, e gozar de contacontos durante toda a semana na nosa biblio.
Grazas a Susana, Carmen e Lucía por contarnos historias chulísimas!
Atentos porque teremos máis durante toda a semana!
Neste Samaín e Halloween o cole encheuse de historias, lendas e contos grazas a participación das familias.
Pasámolo xenial!
GRACIÑAS!
Gústanvos as historias de medo?
Neste Samaín, as nenas e os nenos de sexto de primaria deixanvos un contiños para que pasedes un rato terrorificamente divertido!
Achégase o Samaín e na nosa biblio estanvos agardando un montón de propostas… por cal queredes comezar?
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...