Mostrando entradas con la etiqueta desenvolvemento sostible. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta desenvolvemento sostible. Mostrar todas las entradas

Charla

 Hoxe, tocoulle ao alumnado de primaria aprender un montón de cousas na charla de Juan, pai dos nosos compis Mateo e María. El é técnico municipal do Concello de Palas. Durante a charla, enmarcada dentro do PDI deste curso “a nosa pegada”, ensinoulles a evolución das casas ao longo da historia e explicoulles, dun xeito moi ameno, como facer que os nosos fogares sexan enerxéticamente máis eficientes. 



Gracias por vir!

Edificios eficientes

Hoxe, o alumnado de infantil aprendeu un montón grazas a Juan, pai dos nosos compis Mateo e María. El é técnico municipal do Concello e ten a titulación de enxeñeiro de montes. Durante a charla, enmarcada dentro do PDI deste curso “a nosa pegada”, ensinoulles a evolución das casas ao longo da historia e explicoulles, dun xeito moi ameno, como facer que os nosos fogares sexan enerxéticamente máis eficientes. 

Gracias por vir!



Adiviñas o conto?

Empregando material de refugallo cada aula creou personaxes, obxectos… anacos dos seus contos favoritos. Adiviñades cales son?

Entroido

 Celebramos un entroido con disfraces sostibles, empregando materiais de refugallo ou reutilizando roupas e obxectos que tiñamos pola casa.

Podedes ver máis imaxes dende aquí.

Charla cambio climático

 Durante este trimestre, seguimos avanzando no PDI sobre desenvolvemento sostible "A NOSA PEGADA. Sobre isto,  falounos Julia, nai dos nosos compis Emile e Paolo. Ela é climatóloga, explicounos en que consiste o seu traballo e fíxonos reflexionar sobre o cambio climático, as súas consecuencias e a influencia das nosas accións para as paisaxes. 
Un placer tela con nós! Graciñas, Julia. 




Programas radio

 Durante este trimestre, aprendimos moito a través do proxecto sobre desenvolvemento sostible.

Para comprobalo non tedes máis que escoitar os programas de radio que fixeron en cada unha das aulas.

Preme aquí para poder oirnos!

Tríptico consellos

Daia preséntanos este tríptico con recomendacións do alumnado para acadar un xeito de vida máis sostible. Anímaste?

 

Comezamos!

 

Con este gran mural arrinca un novo curso!

 Mural feito con material de refugallo… primeira peza para ir construíndo o proxecto anual de centro para este curso: desenvolvemento sostible.

Daia está preparando a biblio para ter un recanto con moita información sobre este tema. Non lle perdades ollo! 


O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...