O alumnado colaborador da biblio está xa en acción!
Mostrando entradas con la etiqueta alumnado colaborador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alumnado colaborador. Mostrar todas las entradas
Obradoiro de Samaín
Nas horas de lecer, as nosas compis de 6º Icía e Helena, axudáronnos cun obradoiro de creación de marcapáxinas monstruosos!
Día internacional contra o acoso escolar
Daia recoméndanos uns libros para traballar neste Día Internacional contra o acoso escolar. Un día para recordar que temos que mostrarnos como somos, cada quen ten o seu propio valor por ser quen é.
❤️👧🏼❤️🧒🏽
Contos de Samaín
Gústanvos as historias de medo?
Neste Samaín, as nenas e os nenos de sexto de primaria deixanvos un contiños para que pasedes un rato terrorificamente divertido!
Recunchos de lectura
Achégase o Samaín e na nosa biblio estanvos agardando un montón de propostas… por cal queredes comezar?
Xoves, día de conta contos
Nuria mantívonos moi intrigados durante o tempo de lecer co
conto Malena Ballena. Unha nova
sesión de conta contos que xuntou a un bo número de asistentes.
Colaboradoras e colaboradores en acción
A biblioteca no tempo de lecer
A biblioteca,
pasiño a pasiño, segue ofrecéndolle ao alumnado novas posibilidades durante o tempo de lecer.
Os luns e os martes os nenos/as poden ler, disfrutar de xogos
coma o xadrez ou o dominó, outros de lóxica, de razoamento.
Os mércores
convértese nunha sala de cine. Nesta
ocasión comezamos a ver a película “Vaiana”,
polos valores tan bos que transmite.
Este xoves David
Ogando foi o protagonista na sesión de conta
contos. “Abrazo de oso” foi o
conto escollido.
Os venres rematan
a semana acudindo no recreo da mañá e no da tarde á biblioteca para ler, estar na zona de xogos…
A semana que vén presentarémosvos ao alumnado colaborador da biblioteca. Se o tempo o permite,
estrearase o venres a actividade biblio patio para que os contos
cheguen ao alumnado de infantil e de 1º primaria no tempo de lecer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
O facho olímpico
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...




