Mostrando entradas con la etiqueta día da discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da discapacidade. Mostrar todas las entradas

Capacidades diversas

 Adicamos esta semana a coñecer e poñer en valor as diversas capacidades.

O luns, comezamos coa visita do Club de Baloncesto Xuncas. Os seus integrantes mostráronnos a súa dinámica de xogo e invitáronnos a xogar sobre as súas cadeiras de rodas.

Gracias equipo por vir visitarnos, ficamos encantados!

Ademais, realizamos varias actividades como goalball, pintura coa boca ou un circuíto.

 Premendo aquí podedes ver máis fotografías deste día.


O mércores, reunímonos na biblio para experimentar coa mesa sensorial, material multisensorial e cun comunicador.

Mira aquí máis momentos da xornada.

 

O venres, recibimos a visita da atleta paralímpica Adi Iglesias. Canta forza e ilusión nos transmitiu coas súas palabras, tamén nos acompañou mentras realizamos varias modalidades de atletismo. Moitísimas gracias por vir, Adi!

Dende aquí podes ver máis fotografías.


 

Día da discapacidade

 O longo do día de hoxe, o alumnado do centro seguiu realizando diferentes actividades de sensibilización con motivo do Día Mundial de persoas con discapacidade.  Visitaron a Aula sensorial creada para ocasión nun espazo da biblio, escribiron o seu nome en braille, puxéronse na pel dun neno  con discapacidade visual...

Grazas ás mestras do Departamento de Orientación do cole por organizar estas actividades tan chulas!


Down Lugo

 A asociación Down Lugo achegouse ao cole para facer varios obradoiros e commemorar así o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Reflexionaron sobre a diversidade a través de distintas actividades, o alumnado de infantil a partir do conto "Elmer" e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria cun xogo de preguntas. 

Ademais de pasalo xenial aprendemos un montón!


Día Internacional das persoas con discapacidade

 A través de diversas actividades, tomamos conciencia das distintas capacidades que poden ter as persoas, deste xeito o alumnado reflexiona sobre as necesidades que podemos ter cada individuo chegando así a entender a importancia de promover dereitos e benestar xeral.

 Preme aquí para ver máis imaxes

Día da discapacidade

 Aquí tedes algunhas recomendacións para este día!



Deixámosvos tamén un programa de radio realizado polo alumnado de 6ºB sobre as capacidades!


O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...