Daia deixanos unhas cantas recomendacións para este 2 de maio, Día Contra o Acoso Escolar.
Lecturas contra o acoso escolar
O día 2 de maio, conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar, Daia recoméndanos estas lecturas para profundizar sobre o tema.
Charla acoso
Na tarde de hoxe, desfrutamos dunha nova sesión do programa "Lectura e familias".
Nesta ocasión contamos, de xeito simultáneo cunha charla e un contacontos.
Por unha banda, estivemos con María Soto que lle transmitiu ás familias ferramentas de educación consciente e responsable centrada no respecto mutuo para abordar o acoso escolar.
E por outra banda, os máis peques descubriron a través do conto "O planeta sen cor" a importancia da diversidade, dos limites e da cooperación para crear ambientes de respecto, todo da man de Mamen Bazarra.
Graciñas por vir!!
Día contra o acoso escolar
O día 2 de maio conmemórase o día contra o acoso escolar. Ser amables, tratar ben as persoas que temos ao carón, axudar cando alguén o necesita… son temas que tratamos a cotío nas aulas.
Hoxe, os máis peques do cole fixérono a través da lectura do conto “Orellas de bolboreta”, comentando como se sinte a súa protagonista Mara e que deberían facer aqueles que se rin dela. Reflexións que nos van axudar a camiñar cara o respecto, a boa convivencia e a importancia de mostrarse cada que tal cual é.
Velaquí os tedes debuxando a Mara.
Aquí tedes uns vídeos co conto e a canción para desfrutalos en familia.
Charla acoso
O vindeiro xoves 4 de maio, na Casa da Cultura, de 16:15 a 17:15 contaremos cunha charla para adultos sobre Disciplina Positiva a cargo de María Soto de "Educa Bonito". Simultáneamente, haberá un contacontos na biblioteca do cole para nenos/as a cargo de Mamen Bazarra de "La niña del arcoiris".
Día internacional contra o acoso escolar
Daia recoméndanos uns libros para traballar neste Día Internacional contra o acoso escolar. Un día para recordar que temos que mostrarnos como somos, cada quen ten o seu propio valor por ser quen é.
❤️👧🏼❤️🧒🏽
O facho olímpico
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...
-
Durante o tempo de lecer, iniciámonos no uso da máquina de coser creando estas árbores.
-
Alumnado do IES do Camiño acudiu na mañá de hoxe ás aulas de infantil para realizar unha sesión de conta contos . Quedou claro que fo...
-
Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro. O alumnado de cada aula, escolleu unha depo...










