Arrincamos!
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voces.
Pechamos o PDI deste curso celebrando os Xogos Olímpicos do cole de Palas!!!
Onde o alumnado e familias puideron desfrutar dunha xornada deportiva, na que cada aula se encargou de investigar e preparar os deportes asignados.
Nesta dinámica xornanda practicamos: atletismo nas modalidades de carrerira, salto e lanzamento, esgrima, billar, tenis de mesa, baloncesto, béisbol, bádminto, hockey, tiro con arco, ximnasia ritmica, volei praia, ciclismo, natación e hípica.
Pasámolo xenial!!!
Despois dunha andaina, co percorrido adpatado por niveis, chegamos a San Miguel de Coence para celebrar as 1º Olimpíadas rurais do cole de Palas (Grazas a "olimpiadasrurais" pola inspiración)
Pero non só xogamos, tamén creamos o noso tradicional maio, cantamos e bailamos.
