

Un dos primeiros contiños que viron no cole os peques de 4º de infnatil foi "Crocodilo" da editorial Kalandraka. É un conto cantado e, hoxe, fixérono así de ben na radio do cole. Escoitade!
Neste 24 de outubro, día das bibliotecas escolares, quedan inaugurados os Xogos Olímpicos do cole de Palas baixo o lema:
"O noso podio: igualdade, respecto e diversión"
Un representante de cada curso portou o facho ata a pira para dar comezo ao desfile das distintas sedes olímpicas.
Neste acto, déronse a coñecer as mascotas olímpicas destes xogos: a vaca Galleira e a queixiña Ulloiña.
Parabéns aos gañadores do concurso e a todos os participantes!
Podedes escoitar o seu himno dende aquí.
Comezamos os podcast deste curso 2025/26 coas voces do alumnado de 6º de educación primaria.
Non perdades todas as novidades que nos contan!
Iniciamos o curso cun novo proxecto.
Este mural recibíanos á entrada do cole.
Que será o que imos aprender?
Os máis peques do cole saben un montón de cancións! Mirade que ben o fan as nenas e os nenos de 3 aniños!
Os nenos e as nenas de 3º de educación primaria poñen a proba a súa lingua con estes trabalinguas. Anímate a probar!
As nenas e os nenos de 1º de educación primaria recitan uns refráns do outono! Escoitade!
Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...