Mostrando entradas con la etiqueta contos compartidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos compartidos. Mostrar todas las entradas

Semana do Libro

 Toda esta semana estivo cargada de libros por todos os recunchos do cole e... máis aló!

As familias viñeron lernos contos ás aulas, moitos deles vencellados ao PDI dos Xogos Olimpicos.

Canta ilusión nos fai tervos con nós, gracias!

 Olla máis imaxes premendo aquí

 

As nosas historias tamén viaxaron ata a Escola Infantil, o Centro de Día e a Residencia de Maiores, onde nos deron unha gran acollida e xa temos ganas de volver compartir tempo con vós.

 Gracias por escoitarnos!

Podes ver máis fotografías premendo aquí.

 

 Nos tempos de lecer Daia, ofreceunos na nosa biblio un obradoiro de creación de marcapáxinas en papel e en tea feitos coa máquina de coser, quedaron chulísimos!

Dende aquí pódesnos ver como cosemos.

 

E como xa chegou o bo tempo, volve a bibliopatio!


 

 

O libro dos porcos

 Seguimos camiñando en prol da igualdade de dereitos entre homes e mulleres...este 8M facémolo a través da lectura, reflexión e recreación do conto "O libro dos porcos" no que participaron todas as aulas do centro. 

Seguide lendo para coñecer a historia da familia Porcón

Contos no bosque

 Así de máxico é o lugar onde compartimos o primeiro contiño do curso. Non nos pode gustar máis escoitar aos compis maiores lendo historias, nesta ocasión de SUPERPODERES. E ti, xa sabes cal é o teu?


Radio cole Palas

 Arrincamos!