Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2024/25. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2024/25. Mostrar todas las entradas

Feira Multicultural

 

Xa case rematado este curso, facemos mostra do aprendido no PDI "Somos diversidade" cunha Feira Multicultural. Gastromonía, linguas, roupas, paisaxes, artesanía, xogos, tradicións... e moitas cousas máis, puidemos contemplar na caseta de cada país.

Gracias a toda a Comunidade Educativa pola súa colaboración e participación e mooooitos parabéns ao noso alumnado que demostrou o moito que investigaron e traballaron ao longo deste curso.

Rematamos a xornada co festival "Palas Visión" que arrancou os aplausos de todos os asistentes. Canto ritmo teñen os nosos nenos e nenas! Xenial!

Dende este enlace podes ver máis imaxes deste día.

Brais das Hortas

Pechamos o programa Lectura e Familias deste curso co espéctaculo Zona en obras de Brais das Hortas. 

Ritmo e máis ritmo para enganchar a todo o público existente nunha tarde exitosa. 



As nosas cantigas

Gracias ás nosas familias recollimos cantigas de tradición oral galega que seguen vivas nas nosas memorias. 

Cantigas do traballo, da festa, do colo, dos nosos animais... de aquí e acolá, pero todas parte da nosa historia. 




Obradoiro cantareiras

 Comezamos a semana das Letras Galegas, da man de Azucena, convertíndonos en cantareiros e cantareiras, a que se lle adica este 17 de maio. 

Aprendemos esas cantigas ás que tantas mulleres lles puxeron voz.

Que soen as ferreñas! 

Preme aquí para ver máis imaxes. 


Contos do mundo

No día de hoxe, visitáronnos familiares do noso alumnado para contarnos mooooitos contos e historias, cada unha do seu lugar, na súa lingua, coa súa tradición... pero todos moi especiais.

Tamén a profe Nuria e a nosa auxiliar de conversa Tawny nos leron uns contiños en inglés. Fantastic!

Mil grazas por acompañarnos e enriquecer este día!

Día do libro

Este 23 de abri, conmemoramos o Día do Libro con "Contos do mundo" 

Adiviñades de que país son?

 



Matatalab

O alumnado de 6º de educación infantil explora Matatalab, un novo xeito de iniciarse á programación á vez que traballaban a orientación espacial.

Cosendo

 Seguimos aproveitando os momentos de lecer para darlle uso á máquina de coser… mirade que moedeiros tan chulos están a facer!!

Radio cole Palas

 Arrincamos!