Mostrando entradas con la etiqueta PDI Xogos Olímpicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI Xogos Olímpicos. Mostrar todas las entradas

O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voces.

Inspirados no conto "A viaxe do facho olímpico", da editorial Miau.
Agardamos que vos guste!
 

 

Xogos Olímpicos

 Pechamos o PDI deste curso celebrando os Xogos Olímpicos do cole de Palas!!!

Onde o alumnado e familias puideron desfrutar dunha xornada deportiva, na que cada aula se encargou de investigar e preparar os deportes asignados.

Nesta dinámica xornanda practicamos: atletismo nas modalidades de carrerira, salto e lanzamento, esgrima, billar, tenis de mesa, baloncesto, béisbol, bádminto, hockey, tiro con arco, ximnasia ritmica, volei praia, ciclismo, natación e hípica.

Pasámolo xenial!!!


 Premede enriba das nosas mascotas para ver máis imaxes dos Xogos.

 

San Miguel de Coence

Despois dunha andaina, co percorrido adpatado por niveis, chegamos a San Miguel de Coence para celebrar as 1º Olimpíadas rurais do cole de Palas (Grazas a "olimpiadasrurais" pola inspiración)

Pero non só xogamos, tamén creamos o noso tradicional maio, cantamos e bailamos.

Preme aquí para ver máis fotografías da xornada

8 de marzo

Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro.

O alumnado de cada aula, escolleu unha deportista, investigou sobre ela e cubriu unha ficha para expoñer ao carón da súa porta. 



 Daia deixounos unhas cantas recomendacións lectoras para traballar este día.  


 

Realizamos tamén un acto conxunto con membros do Concello e co alumnado do IES, que leron un manifesto en prol da igualdade real no día a día. 

 


 

 

Valores olímpicos da paz

Dentro do PDI de centro sobre os "Xogos Olímpicos", traballamos valores do deporte para conmemorar o día da paz, plasmando o resultado nas portas das aulas. 

Ollade! Atopades a Daia por algún recuncho?


 

Capacidades diversas

 Adicamos esta semana a coñecer e poñer en valor as diversas capacidades.

O luns, comezamos coa visita do Club de Baloncesto Xuncas. Os seus integrantes mostráronnos a súa dinámica de xogo e invitáronnos a xogar sobre as súas cadeiras de rodas.

Gracias equipo por vir visitarnos, ficamos encantados!

Ademais, realizamos varias actividades como goalball, pintura coa boca ou un circuíto.

 Premendo aquí podedes ver máis fotografías deste día.


O mércores, reunímonos na biblio para experimentar coa mesa sensorial, material multisensorial e cun comunicador.

Mira aquí máis momentos da xornada.

 

O venres, recibimos a visita da atleta paralímpica Adi Iglesias. Canta forza e ilusión nos transmitiu coas súas palabras, tamén nos acompañou mentras realizamos varias modalidades de atletismo. Moitísimas gracias por vir, Adi!

Dende aquí podes ver máis fotografías.


 

Inauguración Xogos Olímpicos

Neste 24 de outubro, día das bibliotecas escolares, quedan inaugurados os Xogos Olímpicos do cole de Palas baixo o lema:

"O noso podio: igualdade, respecto e diversión"

Un representante de cada curso portou o facho ata a pira para dar comezo ao desfile das distintas sedes olímpicas.

Neste acto, déronse a coñecer as mascotas olímpicas destes xogos: a vaca Galleira e a queixiña Ulloiña.

Parabéns aos gañadores do concurso e a todos os participantes!

Podedes escoitar o seu himno dende aquí. 

Mascotas PDI

 

Familias! Unha vez máis, deixástesnos impresionados!

Fixestes uns traballos estupendos nos vosos fogares, en colaboración cos nenos e as nenas para crear a mascota do que serán os Xogos Olímpicos do cole de Palas!

Gracias a centos por esta manchea de aportacións!

Gracias!!! Porque con esta actividade comezan a estar presentes os primeiros valores olímpicos: colaboración, participación e ilusión!

Ollade dende este enlace as mascotas presentadas!

En breve, coñeceremos á elexida para representarnos.

Radio cole Palas

 Arrincamos!