Mostrando entradas con la etiqueta bolígrafo 3D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bolígrafo 3D. Mostrar todas las entradas

Tempo de lecer

Xogar, relaxar, construír, ler, artellar, crear, pensar, compartir, coser...

 Isto é o que acontece un día calquera na nosa biblio...

Así é o meu corazón

 A partir da lectura do conto "Así es mi corazón",  as nenas e os nenos de 4º de educación infantil descubriron que o noso corazón esconde un montón de sensacións segundo como nos sentimos, falaron delas e crearon uns corazóns inspirados na súa portada empregando rotuladores e o boli 3D.

Para repartilos cada neno ou nena colleu un corazón ao chou, levoullo ao compi correspondente e díxolle algo que lle gusta del. Escoitáronse cousas como: gústame xogar contigo, debuxas xenial, encántame cando compartes os xoguetes, eres moi divertido...

Comprobaron a sensación que viaxa por dentro do noso corazón cando somos amables e nos din cousas bonitas... encantóulles!

Radio cole Palas

 Arrincamos!