Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas

Obradoiro

 O alumnado de 3º e 4º de educación primaria participou nun obradoiro de narración oral con ilustración e música en directo, sobre a seguridade no uso da rede, a cargo de "Polo Correo do Vento”. Esta actividade está impulsada por Amtega. 




o". Esta actividade está impulsada por Amtega.


Obradoiro material de refugallo

Un dos obxectivos que pretendemos acadar este curso, a través do PDI de centro sobre desenvolvemento sostible, é REUTILIZAR. Así que hoxe, puxémonos mans á obra.

Grazas á colaboración das familias conseguimos encher o corredor do cole de material de refugallo.

Para que, preguntarédesvos? Pois para crear unha aldea. Si, si! Unha aldea.

Organizámonos en 7 grupos e, dentro de cada un deles, alumnado de todas as idades.

Unha vez tiñan claro o reto: expuxeron ideas, tomaron decisións, organizáronse e crearon. Vaia se crearon! En breve veredes o resultado!!

Sen dúbida, foi un día do máis enriquecedor onde todas e todos se sentiron partícipes, onde os máis maiores do cole orientaron e axudaron aos máis peques, onde todas e todos colaboraron para un obxectivo común, onde se respiraba ilusión, concentración e moita imaxinación, onde (unha vez máis) comprobamos que xuntos somos máis fortes!!!

Veredes dende aquí como traballaron.

Radio cole Palas

 Arrincamos!