Mostrando entradas con la etiqueta curso 2019/20. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2019/20. Mostrar todas las entradas

Fin de curso 2020

Agora mesmo, teriamos que estar pasándoo fenomenal no Festival de Fin de Curso.
Pero, aínda que dende lonxe, o profesorado non quixemos deixar pasar o momento de desexarvos unhas boas (e moi merecidas) vacacións. Buscade asento e mirade o vídeo, este raro ano, non nos vai impedir botar unhas risotadas para despedir o curso!
Dedicámosllos especialmente ao alumnado de sexto...botarémosvos mooooito de menos!

Vémonos á volta!
As nenas e os nenos de sexto tamén teñen unha sorpresa para todos nós! Graciñas!

Aquiles o puntiño

http://www.kalandraka.tv/gl/video/aquiles
A web kalandraka.tv ofrécenos un montón de contos para escoitar. 
Hoxe, recomendámosvos "Aquiles o puntiño" despois de escoitalo podedes crear o voso propio debuxo de Aquiles!

Tangram

Xogamos ao TANGRAM?
 Preme nas imaxes para acceder aos xogos

Para os máis peques
https://www.geogebra.org/m/QFc9jN6P

 
Para os maiores
https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_didacticos/reajuegos-JS/tangram_clsico.html

Lecturas recomendadas


Deixamos un novo recurso para o alumnado ofrecido pola Editorial Santillana.
Entrade neste enlace http:/aulavirtual.santillana.es/av3online/login e cubride o usuario e contrasinal que aparece nas seguintes imaxes:





Soar

Soar. Unha curta que fala sobre o traballo, a perseverancia, a empatía,...
Animádevos a velo!

Xogo Letras Galegas 2020

O domingo 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, este curso adícase a Ricardo Carvalho Calero, deixámosvos dous xogos para coñecelo un pouco máis!

Xogo para os máis peques


Xogo para os maiores do cole


Chocolata

"Os contos do Camiño" ofrécenos varias curtas baseadas nalgúns dos contos que tanto nos gustan da editorial OQO. Hoxe, Chocolata.

Radio cole Palas

 Arrincamos!