Feira Multicultural
Xa case rematado este curso, facemos mostra do aprendido no PDI "Somos diversidade" cunha Feira Multicultural. Gastromonía, linguas, roupas, paisaxes, artesanía, xogos, tradicións... e moitas cousas máis, puidemos contemplar na caseta de cada país.
Gracias a toda a Comunidade Educativa pola súa colaboración e participación e mooooitos parabéns ao noso alumnado que demostrou o moito que investigaron e traballaron ao longo deste curso.

Rematamos a xornada co festival "Palas Visión" que arrancou os aplausos de todos os asistentes. Canto ritmo teñen os nosos nenos e nenas! Xenial!

Contos do mundo
No día de hoxe, visitáronnos familiares do noso alumnado para contarnos mooooitos contos e historias, cada unha do seu lugar, na súa lingua, coa súa tradición... pero todos moi especiais.
Tamén a profe Nuria e a nosa auxiliar de conversa Tawny nos leron uns contiños en inglés. Fantastic!
Mil grazas por acompañarnos e enriquecer este día!
Día das bibliotecas escolares
Conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares enchendo a nosa biblio de diferentes culturas e tradicións.
Familias
de diversas nacionalidades explicáronnos aqueles aspectos máis
relevantes do seu lugar de orixe, sendo o punto de partida do Proxecto
Anual de Centro "Somos Diversidade". Ensináronnos moitas curiosidades e
motiváronnos un montón, agora tócanos a nós seguir investigando!
Non
podemos estar máis agradecidos ás familias participantes pola súa
implicación, fixéstesnos pasar unha xornada súper especial!
Gracias, grazie, multumesc, thank you, شكرًا لك shkran lak!
Novo proxecto
Iniciamos o curso cun novo proxecto.
Este mural recibíanos á entrada do cole.
Que será o que imos aprender?
-
Durante o tempo de lecer, iniciámonos no uso da máquina de coser creando estas árbores.
-
Alumnado do IES do Camiño acudiu na mañá de hoxe ás aulas de infantil para realizar unha sesión de conta contos . Quedou claro que fo...
-
A biblioteca , pasiño a pasiño, segue ofrecéndolle ao alumnado novas posibilidades durante o tempo de lecer. Os luns e os martes os ...







