Non podemos irnos de vacacións sen as recomendacións de Daia.
Velaquí algunha suxerencia que seguro que vos gusta... cal elixes?
Non podemos irnos de vacacións sen as recomendacións de Daia.
Velaquí algunha suxerencia que seguro que vos gusta... cal elixes?
Daia recoméndanos uns libros para traballar neste Día Internacional contra o acoso escolar. Un día para recordar que temos que mostrarnos como somos, cada quen ten o seu propio valor por ser quen é.
❤️👧🏼❤️🧒🏽
Sofá, manta e libro!
Para este día do libro, o alumnado fai as súas recomendacións coas portadas dos seus libros preferidos.
E ti, cal escolles?
Continuando co PDI do Camiño de Santiago, no día de hoxe, varios cursos desprazáronse a distintos puntos do Camiño de Santiago, dentro do concello de Palas de Rei, para investigar e ver máis polo miúdo estes lugares:
Os máis peques do cole foron a Igrexa de San Tirso, ao Pazo Mariñao, ao Pazo da Ulloa, a Casa da Baíña e aos Chacotes.
O alumnado de 4º visitou o Pazo de Laia, a Igrexa de Merlán e o penedo de Casa Camiño.
As nenas e os nenos de 3º de primaria achegáronse ata Marzá para ver a súa igrexa.
Preme aquí para ver imaxes do día.
Durante a semana do 8M contamos con historias para oír e desfrutar coas nais e avoas.
Canto nos ensinan!!
Graciñas!!
Algún neno da aula de 5 anos: "pois xa que imos pasar un día tan xenial disfrazados podiamos ir a ese sitio do cole que nos encanta, xa sabedes todos cal é, non?"
E claro que sabían.
A NOSA BIBLIO!A biblio do cole ofrécenos un montón de recursos. Neste entroido, aproveitámola para ler algún conto vencellado coa igualdade, para gravar un programa de rimas cos nosos disfraces e para transportarnos a un milleiro de lugares co chroma!
Coñecédesnos?
Queredes aprender un pouco máis sobre Rosalía de Castro?
Na biblio temos unha exposición moi chula con libros desta autora para conmemorar o seu día, graciñas ás familias pola súa colaboración!!
Ademais podedes ver dous genially que elaborou a profe María, seguro que o pasades xenial!
Durante o primeiro trimestre, e dentro do PDI ( PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO) que estamos a facer no cole, chamado "Palas é Camiño", fixemos este estudo do Camiño Francés. Podedes ver aquí o noso supertraballo que tamén se pode visitar nos corredores do centro.
O alumnado de 5º EP bótase á rúa para coñecer máis de preto como é a vida no Camiño: na administración de lotería, nunha libraría, na casa dun pataqueiro, no centro de saúde...Atendede!!!
Algunhas das familias dos peques de 3 aniños cóntannos anécdotas do Camiño de Santiago. Sen dúbida, historias cheas de emoción e boas sensacións, todo un gustazo oílas!
As nenas e os nenos de 6º de infantil tiñan unha morea de preguntas sobre o camiño de Santiago, pero Miriam, Monse, Muriel e Pili resolveron todas as súas dúbidas, contándonos unhas experiencias do máis interesante. Escoitade!
Hoxe é a quenda do alumnado de 1º EP. Seguimos coñecendo oficios relacionados co Camiño de Santiago. Escoitade moi atentas e atentos, porque este alumnado ten grandes dotes para o xornalismo; entrevistan a Sandra e a Rocío. Seguro que as coñecedes!
Na segunda entrega de audios relacionados co Camiño de Santiago é a quenda do alumnado de 6º de Primaria.
Entrevistan a Suso Freire, que ten como oficio arranxar bicicletas.
Canto aprendemos...
O alumnado de 3º EP entrevista a Juan, taxista no noso concello. Prestade moita atención porque nos conta o seu día a día no camiño.