
Letras Galegas 2026

8 de marzo
Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro.
O alumnado de cada aula, escolleu unha deportista, investigou sobre ela e cubriu unha ficha para expoñer ao carón da súa porta.
Daia deixounos unhas cantas recomendacións lectoras para traballar este día.
Realizamos tamén un acto conxunto con membros do Concello e co alumnado do IES, que leron un manifesto en prol da igualdade real no día a día.
Na radio

Recomendacións lectoras
Dende aquí podes consultar todas as lecturas que nos recomenda Daia neste nadal.

Recomendacións lectoras
Achégase o Nadal e Daia fainos unhas cantas recomendacións para desfrutar dunha boa lectura.
Día da ciencia
Novembro é o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares.
Convertimos a nosa nun laboratorio no que compartir experimentos.
Lecturas contra o acoso escolar
O día 2 de maio, conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar, Daia recoméndanos estas lecturas para profundizar sobre o tema.
Día internacional da muller
Conmemoramos o 8M na nosa biblio cun recitado de poemas escritos por mulleres. As voces do alumnado soan con forza, altas e claras para seguir defendendo a igualdade.
Posteriormente, tivo lugar un acto conxunto coas compañeiras e compañeiros do IES, así como con integrantes do CIM de Palas de Rei, no que se realizou a lectura dun manifesto.
Para preparar este día, a nosa mascota Daia, recolleu unhas cantas lecturas neste recanto, que nos serviron para traballar nas aulas.
-
Durante o tempo de lecer, iniciámonos no uso da máquina de coser creando estas árbores.
-
Alumnado do IES do Camiño acudiu na mañá de hoxe ás aulas de infantil para realizar unha sesión de conta contos . Quedou claro que fo...
-
A biblioteca , pasiño a pasiño, segue ofrecéndolle ao alumnado novas posibilidades durante o tempo de lecer. Os luns e os martes os ...



















