Mostrando entradas con la etiqueta xogo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogo. Mostrar todas las entradas

Tempo de lecer

Xogar, relaxar, construír, ler, artellar, crear, pensar, compartir, coser...

 Isto é o que acontece un día calquera na nosa biblio...

Dobble "Adiós ríos, adiós fontes"

Achégase o día de Rosalía, que vos parace se xogamos cun dos seus poemas?

Soamente tedes que imprimir e...a pasalo ben!






Daia perde as cores

 Os máis peques do cole axudáronlle a nosa mascota da biblio a recuperar as súas cores!

Para iso, tiveron que realizar unha serie de probas: chuvia de cores, busca con lupa, baile, experimento, rescatar un conto pechado con chave...Que pensades? Conseguirían superar as misións?

Deixámosvos as misións por se vos apetece facelas tamén na casa!

Tangram

Xogamos ao TANGRAM?
 Preme nas imaxes para acceder aos xogos

Para os máis peques
https://www.geogebra.org/m/QFc9jN6P

 
Para os maiores
https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_didacticos/reajuegos-JS/tangram_clsico.html

Xogo Letras Galegas 2020

O domingo 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, este curso adícase a Ricardo Carvalho Calero, deixámosvos dous xogos para coñecelo un pouco máis!

Xogo para os máis peques


Xogo para os maiores do cole


Colorea con Cervantes

Quen é Cervantes? Non o sabedes? Investigade,...douvos unha pista: ten algo que ver co 23 de abril,  data na que se conmemora o Día do Libro!
De momento, deixovos un xogo en liña para "colorear con Cervantes"!
https://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/16_infantil_coloreacervantes/index.html
Recurso creado pola Junta de Castilla e León

Comeza o xogo!


Crea o teu propio parchís! Colle catro folios e úneos, agora debuxa as casillas de cada cor e engade accións en cada unha, na imaxe podes ver algunha idea. Cada vez que un participante do xogo pare nunha casilla terá que facer o que pon nela. A divertirse!!!

Radio cole Palas

 Arrincamos!