Mostrando entradas con la etiqueta cricut. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cricut. Mostrar todas las entradas

Postais

 Os máis peques do cole, crearon unhas postais moi especiais para agasallar aos nosos profes!

Canto nos axudan e nos ensinan!
 
Empregaron pasta de modelas e a máquina de corte.
 
 

Camisetas

 Creamos as nosas camisetas coa máquina de corte: cricut.
Eliximos o debuxo, poñemos nome e colocámolo na camiseta!
Quedaron xenial! Mirade!

Obradoiro entroido

 Nesta semana, no tempo de lecer na biblio recortamos coa cricut unhas gafas ben divertidas, decorámolas e listas para o entroido!

Pulseiras 25N

 Nos momentos de lecer e na sesión de Polos Creativos o alumnado eleborou unhas pulseiras co lema 25N ALTO E CLARO.

Tras recortalas en vinilo textil coa Cricut adicáronse a cortar lazo, pelar o vinilo, planchar e insertar boliñas para cerrar.

Así foi o traballo en cadea que tiñamos preparado na nosa biblio!

 

Sol

 

Presentámosvos a SOL, a nosa mascota da aula de 4 anos.

Para creala comezaron realizando uns debuxos por parellas… cada parella tivo que chegar ao acordo sobre que debuxar e facelo conxuntamente.

Unha vez tiñan os debuxos, votaron para decidir con cal se quedaban. Todas as propostas era xeniais!! pero gañou o debuxo da bolboreta.

Hoxe, chegou este boneco á aula, inspirado no debuxo, así que entre todos buscáronlle un nome!

Agora, soamente queda coidala moito… cantas sorpresas lles terá preparadas?

Seguro que xa se fixo moi amiga da mascota da biblio, Daia.

Ideas para ter un inicio de curso xenial!


 As nenas e os nenos de 5º de educación infantil tiñan mooooitas ganas de comezar o novo curso... aquí vos deixan unhas ideas para ter un inicio de curso xenial!

Radio cole Palas

 Arrincamos!