Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2025/26. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2025/26. Mostrar todas las entradas

O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voces.

Inspirados no conto "A viaxe do facho olímpico", da editorial Miau.
Agardamos que vos guste!
 

 

San Miguel de Coence

Despois dunha andaina, co percorrido adpatado por niveis, chegamos a San Miguel de Coence para celebrar as 1º Olimpíadas rurais do cole de Palas (Grazas a "olimpiadasrurais" pola inspiración)

Pero non só xogamos, tamén creamos o noso tradicional maio, cantamos e bailamos.

Preme aquí para ver máis fotografías da xornada

Letras Galegas 2026

Neste 17 de maio, homenaxeamos a Begoña Caamaño creando un mural colaborativo.
Seguindo os seus fíos descubrimos a vida, obra e pegada social desta xornalista e escritora viguesa.
 

Deixámosvos uns vídeos para que a sigades coñecendo.
 

 
 

 Tamén na biblio, Daia preparounos un recanto con algunhas lecturas para saber máis sobre as Letras Galegas.

Semana do Libro

 Toda esta semana estivo cargada de libros por todos os recunchos do cole e... máis aló!

As familias viñeron lernos contos ás aulas, moitos deles vencellados ao PDI dos Xogos Olimpicos.

Canta ilusión nos fai tervos con nós, gracias!

 Olla máis imaxes premendo aquí

 

As nosas historias tamén viaxaron ata a Escola Infantil, o Centro de Día e a Residencia de Maiores, onde nos deron unha gran acollida e xa temos ganas de volver compartir tempo con vós.

 Gracias por escoitarnos!

Podes ver máis fotografías premendo aquí.

 

 Nos tempos de lecer Daia, ofreceunos na nosa biblio un obradoiro de creación de marcapáxinas en papel e en tea feitos coa máquina de coser, quedaron chulísimos!

Dende aquí pódesnos ver como cosemos.

 

E como xa chegou o bo tempo, volve a bibliopatio!


 

 

Caxoto

 Hoxe, tivemos con nós a Caxoto dentro do itinerario de Lectura e Familias. Encantounos escoitar todos eses contiños que garda debaixo da almofada

Gracias á ANPA por financiar esta sesión.



Día Mundial do Síndrome de Down

Conmemoramos o día Mundial do Síndrome de Down vestindo calcetíns dispares, para visibilizar que ningunha persoa é igual a outra e, que precisamente, esa diferencia é a que enriquece á sociedade.

Durante o tempo de lecer desta semana, o alumnado poderá ver a película “Campeones” na biblio, que lles axudará a seguir reflexionando sobre as distintas capacidades.


 

San Patrick



 

8 de marzo

Este 8 de marzo adicámosllo ás mulleres deportistas, para seguir profundizando no PDI de centro.

O alumnado de cada aula, escolleu unha deportista, investigou sobre ela e cubriu unha ficha para expoñer ao carón da súa porta. 



 Daia deixounos unhas cantas recomendacións lectoras para traballar este día.  


 

Realizamos tamén un acto conxunto con membros do Concello e co alumnado do IES, que leron un manifesto en prol da igualdade real no día a día. 

 


 

 

Na radio

Despois de elexir un poema de Rosalía o alumnado gravouno na radio. 
 
 
Velaquí o alumnado de 5º de infantil recitando!

Día de Rosalía

Na semana de Rosalía de Castro cada aula decorou a súa Rosalía cos poemas que recitaron na radio.
Así de fermoso quedou o corredor principal do cole. 
 

Valores olímpicos da paz

Dentro do PDI de centro sobre os "Xogos Olímpicos", traballamos valores do deporte para conmemorar o día da paz, plasmando o resultado nas portas das aulas. 

Ollade! Atopades a Daia por algún recuncho?


 

Radio cole Palas

 Arrincamos!