Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2022/23. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2022/23. Mostrar todas las entradas

A voar!

Imos rematando o curso con moita festa!

Hoxe, bailamos e cantamos ao ritmo de Ce Orquestra Pantasma.



Espectáculo baseado no libro-cd "A voar. Un conto para soñar con música para brincar", do Cê Orquestra Pantasma e editado por Miudiño S. Coop. Galega.



Toma un respiro e le!

 Dentro do programa "Lectura e familias" contamos cun novo recuncho na entrada do cole cheo de libros!!! As familias podedes coller prestado calquera destes libros sobre disciplina positiva, redes sociais e educación en xeral... Animádevos 📚🥰





A Xanela do Maxín

 Novo espectáculo dentro do programa Lectura e Familia. A Xanela do Maxín engaiolounos coas súas historias sobre a auga, o aire, o lume e a terra! 

Graciñas por vir! Encantounos!





True true

Os máis peques do cole descubren un novo robot que estaba agochado na nosa biblio: True, true!!

 Para iniciarse na súa programación, comezaron polo “segue líneas”, eles debuxaron líneas nun papel e true true foi polo camiño!! Fascinante!! Non hai máis que verlles as caras de emoción!

Tamén o programaron para que soase unha melodía. 

De seguro que seguirán coñecendo outras posibilidades que ofrece este pequeno robot.


Temos visita!

Hoxe, tamén tivemos una visita moi especial... as alumnas e os alumnos do cole de Monterroso que pertencen ao clube de lectura viñeron coñecer a nosa biblio e os polos creativos!!!

Agardamos que vos gustase moito!

 




A casa da mosca chosca

 As familias de 1° de EP, hoxe,  puideron disfrutar da actuación de teatro dos seus fillos e fillas na biblioteca do cole. Cun público así, o éxito está asegurado. Grazas!





Teatro

 O "Obradoiro Municipal de teatro de Palas de Rei" representou para todo o alumnado a obra "A maleta dos contos viaxeiros".

Graciñas por achegarnos o teatro á escola!



Regueifas

 O alumnado de 3° a 6 ° tivo un obradoiro de regueifas con Lupe blanco, no que puxo en valor a arte da improvisación oral.

Que gran descubrimento!!







Vilar de Donas

 Hoxe, foi un día estupendo en Vilar de Donas, co que rematamos as conmemoracións do Día das Letras Galegas!!! Fixemos un maio entre todos e todas, cantamos, tocamos, bailamos, recitamos, xogamos moito...

Acompañáronnos as amigas e amigos do grupo "Fonte de Merlán"... moitas grazas!!!!

Para rematar comemos todas e todos xuntos!



Dende AQUÍ podedes ver algunha foto da xornada. 

Letras Galegas 2023

 Velaquí, varios espazos do cole e da biblio onde coñecer, un pouco máis, ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego.





 Queredes saber máis? Premendo nas seguintes imaxes descubriredes máis curiosidades sobre este autor.



Remataremos a conmemoración do Día das Letras Galegas cunha convivencia en Vilar de Donas para festexar Os Maios... xa temos todo preparado! Graciñas ás familias pola súa colaboración!



Poesía

 Neste tempo de primavera, as nenas e os nenos de 4º de infantil estiveron aprendendo unha poesía titulada "A señora bolboreta".

Probaron o set croma da biblio para crear este video recitando!


 

Charla acoso

 Na tarde de hoxe, desfrutamos dunha nova sesión do programa "Lectura e familias".

Nesta ocasión contamos, de xeito simultáneo cunha charla e un contacontos. 
Por unha banda, estivemos  con María Soto que lle transmitiu ás familias ferramentas de educación consciente e responsable centrada no respecto mutuo para abordar o acoso escolar. 
E por outra banda, os máis peques descubriron a través do conto "O planeta sen cor" a importancia da diversidade, dos limites e da cooperación para crear ambientes de respecto, todo da man de Mamen Bazarra. 
Graciñas por vir!!




Día contra o acoso escolar

  O día 2 de maio conmemórase o día contra o acoso escolar. Ser amables, tratar ben as persoas que temos ao carón, axudar cando alguén o necesita… son temas que tratamos a cotío nas aulas. 

Hoxe, os máis peques do cole fixérono a través da lectura do conto “Orellas de bolboreta”, comentando como se sinte a súa protagonista Mara e que deberían facer aqueles que se rin dela. Reflexións que nos van axudar a camiñar cara o respecto, a boa convivencia e a importancia de mostrarse cada que tal cual é.

Velaquí os tedes debuxando a Mara.





Aquí tedes uns vídeos co conto e a canción para desfrutalos en familia. 




Charla

 Hoxe, tocoulle ao alumnado de primaria aprender un montón de cousas na charla de Juan, pai dos nosos compis Mateo e María. El é técnico municipal do Concello de Palas. Durante a charla, enmarcada dentro do PDI deste curso “a nosa pegada”, ensinoulles a evolución das casas ao longo da historia e explicoulles, dun xeito moi ameno, como facer que os nosos fogares sexan enerxéticamente máis eficientes. 



Gracias por vir!

Charla acoso

 O vindeiro xoves 4 de maio, na Casa da Cultura, de 16:15  a 17:15  contaremos cunha charla para adultos sobre Disciplina Positiva a cargo de María Soto de "Educa Bonito". Simultáneamente, haberá un contacontos na biblioteca do cole para nenos/as a cargo de Mamen Bazarra de "La niña del arcoiris". 



Radio cole Palas

 Arrincamos!