Creamos un mural conxunto con personaxes de cómic.
Coñécelos?

Conmemoramos o Día do Cómic recreando a coñecida tira cómica 13, Rue del Percebe creada por Francisco Ibáñez.
Cada aula elaborou un piso, quedando así de xenial!
Este curso o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia é "Unha biblioteca escolar en viñetas", e quere poñer o foco na importancia do cómic para a formación do itinerario lector, o cómic como un lugar para encontrarse.
Nós tamén quixemos facer os nosos cómics nun mural que nos serviu para decorar o recuncho sobre este tema.