Mostrando entradas con la etiqueta robótica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta robótica. Mostrar todas las entradas

Robot

 As nenas e os nenos de 4º de infantil, inícianse no uso do robot programable un recurso que lles permite traballar a orientación espacial, o conteo e, nesta ocasión, o vocabulario do outono.

 

Robótica

 Esta semana, o alumnado de educación primaria manexou e programou os Mboots na sesión de Polos Creativos. 


True true

Os máis peques do cole descubren un novo robot que estaba agochado na nosa biblio: True, true!!

 Para iniciarse na súa programación, comezaron polo “segue líneas”, eles debuxaron líneas nun papel e true true foi polo camiño!! Fascinante!! Non hai máis que verlles as caras de emoción!

Tamén o programaron para que soase unha melodía. 

De seguro que seguirán coñecendo outras posibilidades que ofrece este pequeno robot.


Obradoiros

Neste último día de curso do ano 2022 pasámolo xenial!

Os máis peques contaron con pintacaras e festaza de cumples do primeiro trimestre.

O alumnado de 4º, 5º e 6º gozou dunha xornada con baile, construción con Lego e xogos de pistas.

En 1º, 2º e 3º de educación primaria realizaron xogos de inverno, slime e robótica.

Como non podía ser doutro xeito a nosa biblio foi escenario dalgún destes obradoiros e ofreceu os recursos para a realización dos xogos.

Radio cole Palas

 Arrincamos!