Mostrando entradas con la etiqueta máquina coser. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta máquina coser. Mostrar todas las entradas

Semana do Libro

 Toda esta semana estivo cargada de libros por todos os recunchos do cole e... máis aló!

As familias viñeron lernos contos ás aulas, moitos deles vencellados ao PDI dos Xogos Olimpicos.

Canta ilusión nos fai tervos con nós, gracias!

 Olla máis imaxes premendo aquí

 

As nosas historias tamén viaxaron ata a Escola Infantil, o Centro de Día e a Residencia de Maiores, onde nos deron unha gran acollida e xa temos ganas de volver compartir tempo con vós.

 Gracias por escoitarnos!

Podes ver máis fotografías premendo aquí.

 

 Nos tempos de lecer Daia, ofreceunos na nosa biblio un obradoiro de creación de marcapáxinas en papel e en tea feitos coa máquina de coser, quedaron chulísimos!

Dende aquí pódesnos ver como cosemos.

 

E como xa chegou o bo tempo, volve a bibliopatio!


 

 

Cosendo

 Seguimos aproveitando os momentos de lecer para darlle uso á máquina de coser… mirade que moedeiros tan chulos están a facer!!

Sol

 

Presentámosvos a SOL, a nosa mascota da aula de 4 anos.

Para creala comezaron realizando uns debuxos por parellas… cada parella tivo que chegar ao acordo sobre que debuxar e facelo conxuntamente.

Unha vez tiñan os debuxos, votaron para decidir con cal se quedaban. Todas as propostas era xeniais!! pero gañou o debuxo da bolboreta.

Hoxe, chegou este boneco á aula, inspirado no debuxo, así que entre todos buscáronlle un nome!

Agora, soamente queda coidala moito… cantas sorpresas lles terá preparadas?

Seguro que xa se fixo moi amiga da mascota da biblio, Daia.

Tempo de lecer

Xogar, relaxar, construír, ler, artellar, crear, pensar, compartir, coser...

 Isto é o que acontece un día calquera na nosa biblio...

Obradoiro costura

A superheroína Daia animounos a decorar a biblio con motivo do 8M empregando a nova máquina de coser. Quedou xenial!

Radio cole Palas

 Arrincamos!