Mostrando entradas con la etiqueta eduemociona. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eduemociona. Mostrar todas las entradas

Día contra o acoso escolar

  O día 2 de maio conmemórase o día contra o acoso escolar. Ser amables, tratar ben as persoas que temos ao carón, axudar cando alguén o necesita… son temas que tratamos a cotío nas aulas. 

Hoxe, os máis peques do cole fixérono a través da lectura do conto “Orellas de bolboreta”, comentando como se sinte a súa protagonista Mara e que deberían facer aqueles que se rin dela. Reflexións que nos van axudar a camiñar cara o respecto, a boa convivencia e a importancia de mostrarse cada que tal cual é.

Velaquí os tedes debuxando a Mara.





Aquí tedes uns vídeos co conto e a canción para desfrutalos en familia. 




Así é o meu corazón

 A partir da lectura do conto "Así es mi corazón",  as nenas e os nenos de 4º de educación infantil descubriron que o noso corazón esconde un montón de sensacións segundo como nos sentimos, falaron delas e crearon uns corazóns inspirados na súa portada empregando rotuladores e o boli 3D.

Para repartilos cada neno ou nena colleu un corazón ao chou, levoullo ao compi correspondente e díxolle algo que lle gusta del. Escoitáronse cousas como: gústame xogar contigo, debuxas xenial, encántame cando compartes os xoguetes, eres moi divertido...

Comprobaron a sensación que viaxa por dentro do noso corazón cando somos amables e nos din cousas bonitas... encantóulles!

Día do libro 2021

 Nunha data tan especial quixemos crear e ilustrar os nosos propios contos. Organizámonos de dúas en dúas aulas e inventamos historias cheas de emocións.

 Preme na imaxe para poder lelas, nos as podedes perder!



As rabietas

 Semana do libro 2021! Recibimos un agasallo que nos encanta de unha das súas escritoras. Grazas a moreas Alejandra!

Animádevos a lelo e descubrir como pon solución Lois ás súas rabietas.




El club de los raros

 Nos últimos días o club de lectura de 6ºB tivo como fío condutor este libro. Hugo, un neno tartamundo e Bernardo, un neno con dislexia, reciben burlas e críticas dos compañeiros; séntense raros.

Forman un club para defenderse dos abusóns, o club dos "raros", ao que se van unindo compañeiros/as da aula de 5 primaria.

 

Ao longo desta historia de superación reflexionamos sobre sentimentos, emocións e valores como a tristeza, o enfado, o afán de superación, a autoestima, a empatía,o respecto...

Radio cole Palas

 Arrincamos!