Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

Semana do Libro

 Toda esta semana estivo cargada de libros por todos os recunchos do cole e... máis aló!

As familias viñeron lernos contos ás aulas, moitos deles vencellados ao PDI dos Xogos Olimpicos.

Canta ilusión nos fai tervos con nós, gracias!

 Olla máis imaxes premendo aquí

 

As nosas historias tamén viaxaron ata a Escola Infantil, o Centro de Día e a Residencia de Maiores, onde nos deron unha gran acollida e xa temos ganas de volver compartir tempo con vós.

 Gracias por escoitarnos!

Podes ver máis fotografías premendo aquí.

 

 Nos tempos de lecer Daia, ofreceunos na nosa biblio un obradoiro de creación de marcapáxinas en papel e en tea feitos coa máquina de coser, quedaron chulísimos!

Dende aquí pódesnos ver como cosemos.

 

E como xa chegou o bo tempo, volve a bibliopatio!


 

 

Contos do mundo

No día de hoxe, visitáronnos familiares do noso alumnado para contarnos mooooitos contos e historias, cada unha do seu lugar, na súa lingua, coa súa tradición... pero todos moi especiais.

Tamén a profe Nuria e a nosa auxiliar de conversa Tawny nos leron uns contiños en inglés. Fantastic!

Mil grazas por acompañarnos e enriquecer este día!

Día do libro

Este 23 de abri, conmemoramos o Día do Libro con "Contos do mundo" 

Adiviñades de que país son?

 



Radio cole Palas

 Arrincamos!