Coñecemos ás irmáns Mirabal


Valores como a tolerancia, a empatía ou o respeto son imprescindibles na formación do alumnado polo que son traballados a diario. Nestas últimas datas incidimos un pouquiño máis neste aspecto entre outras maneiras escribindo co alumnado sobre as fortalezas das mulleres.
A esas fortalezas puxéronlle voz nais, avoas, madriñas, amigas…para gravar un vídeo co lema #asBravasdePalas. Aproveitamos para agradecer a vosa colaboración.
O vídeo estréase o luns 25 ás 13h na biblioteca, así que non faltedes.
Hoxe centrámonos en por qué se conmemora o día da non violencia o 25 de novembro. Deste xeito coñecemos a historia das irmáns Mirabal, tamén coñecidas como as Mariposas. Tres irmáns dominicanas que loitaron contra a ditadura de Trujillo e que puxeron o seu gran para camiñar cara a igualdade, a non violencia…
Queremos agradecer a Yélida o vídeo que nos aportou, creado por unha mestra e o seu alumnado nun colexio dominicano. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Semana do Libro

 Toda esta semana estivo cargada de libros por todos os recunchos do cole e... máis aló! As familias viñeron lernos contos ás aulas, moitos ...