Un agasallo único


Na primeira semana do novo ano, vivíronse grandes emocións na biblioteca. As raíñas Magas Rocío e Ana agasalláronnos cun kamishibai de creación propia. 

Unha gran sorpresa que foi benvida por todas e todos. Sacarémoslle moito partido a este valioso recurso.
Ademais, Rocío interpretou o conto os tres porquiños, elaborado por ela e que enriquecerá os recursos da biblioteca.
Un millón de grazas polo voso detalle e implicación.
Estade moi atentos porque contribuirán ao longo deste curso en numerosas ocasións.

1 comentario:

  1. Únicas son as vivencias compartidas cos nosos nenos/as. Grazas por deixar que Ana e eu contribuíramos á facer mais valiosa a biblio. Fixemos con moita ilusión este agasallo...e agardamos que empreguedes este material didáctivo no voso día a día cun sorriso nos beizos e lembrándovos de nós! GRAZAS COLE!!!

    ResponderEliminar

Ana Meilán

Nesta tarde de lectura e familias, a escritora Ana Meilán fíxonos viaxar a través dun “Universo na túa maleta”. Gracias por facernos voar e ...