Tod@s somos iguais


Ao longo dos meses de febreiro e de marzo o espazo das lecturas temáticas céntrase en Rosalía e na igualdade entre homes e mulleres. O claro obxectivo é seguir inculcando valores que nos acheguen a unha sociedade na que tod@s teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. 


Ademais, nestes últimos días elaboramos xogos cos escornabots: nun deles descobren de xeito lúdico a vida e obra de Rosalía de Castro. Outro céntrase nos libros Pioneiras e Pioneiras 2 para incidir nalgunhas das mulleres Galegas que abriron camiño.  






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Ana Meilán

Nesta tarde de lectura e familias, a escritora Ana Meilán fíxonos viaxar a través dun “Universo na túa maleta”. Gracias por facernos voar e ...