Todas e todos somos iguais



Educar en igualdade é un obxectivo que se traballa todos os días, e onte incidimos un pouquiño máis conmemorando o Día de Rosalía e o Día da Muller.
A Estrela Rosalía xa está presente na constelación do teito da biblio.
Outras actividades que realizamos foi cantar cancións como Rosalía pequeniña ou has de cantar; recitamos poemas: adiós fontes adiós ríos (tocado ademais con frautas e xilófonos), Xan, Campanas de Bastabales.
Os raps de Rosalía tamén estiveron presentes.

Neste vídeo podedes ver un resumo de todo o acontecido.  




Rematamos a mañá cun vídeo sobre Mulleres da Historia empregando o croma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Ana Meilán

Nesta tarde de lectura e familias, a escritora Ana Meilán fíxonos viaxar a través dun “Universo na túa maleta”. Gracias por facernos voar e ...