A biblioteca,
pasiño a pasiño, segue ofrecéndolle ao alumnado novas posibilidades durante o tempo de lecer.
Os luns e os martes os nenos/as poden ler, disfrutar de xogos
coma o xadrez ou o dominó, outros de lóxica, de razoamento.
Os mércores
convértese nunha sala de cine. Nesta
ocasión comezamos a ver a película “Vaiana”,
polos valores tan bos que transmite.
Este xoves David
Ogando foi o protagonista na sesión de conta
contos. “Abrazo de oso” foi o
conto escollido.
Os venres rematan
a semana acudindo no recreo da mañá e no da tarde á biblioteca para ler, estar na zona de xogos…
A semana que vén presentarémosvos ao alumnado colaborador da biblioteca. Se o tempo o permite,
estrearase o venres a actividade biblio patio para que os contos
cheguen ao alumnado de infantil e de 1º primaria no tempo de lecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario