Conta contos de medo


Esta semana foi un pouco terrorífica no cole…A ambientación que nos acompañou, a actividade trick or treat, o menú terrorífico, o mural sobre os nosos medos…En fin, traballamos unha emoción moi importante.
Ademais, tivemos sesión de conta contos a cargo das familias do alumnado.
O luns viñeron Lucía (nai de Martín Modia) e Chus (nai de Antía e Cora).
O martes, Nerea (nai de Iker) e Sonia (nai de Daniel).
O mércores, tocoulle a Suso, tío de Sabela.
Uns magníficos invitados/as que nos fixeron pasaron moi bos momentos e aos que lles agradecemos enormemente a súa colaboración. 
Deixamos un resumo no seguinte vídeo


No cole tamén temos grandes intérpretes. Así o demostraron Livia e María Vilela co conto Room on the Broom, que puidemos escoitar en galego e en inglés. 
A premer no vídeo

Foi unha gran semana de Halloween e Samaín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Ana Meilán

Nesta tarde de lectura e familias, a escritora Ana Meilán fíxonos viaxar a través dun “Universo na túa maleta”. Gracias por facernos voar e ...