Dis…Capacidade


O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de concienciar e sensibilizar de que todas e todos temos CAPACIDADES.
Alumnado de 5º e 6º expuxeron os éxitos dos atletas paralímpicos Iván Cano e Adiaratou Iglesias conseguidos grazas ao seu sacrificio e afán de superación. Un exemplo para todos/as.

Tamén na biblioteca temos un recuncho con libros relacionados con esta temática.
  Vimos e reflexionamos sobre curtametraxes como Ian, Tamara…centrados na inclusión.
Quedounos un pouquiño máis claro de que todas e todos temos as nosas CAPACIDADES.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

O facho olímpico

 Creamos esta curta coa técnica spot-motion, na que todo o alumnado de 4º de infantil elaborou as personaxes, escenarios, fotografía e voc...