Experimentando coa ciencia


O mes de novembro é o mes da ciencia en galego, así que como non podía ser doutro xeito a ciencia foi a protagonista durante este mes.
O pasado xoves na biblio fixemos unha xuntanza todo o alumnado do centro para dar a coñecer mulleres científicas pioneiras e diferentes experimentos como: pódese pescar xeo?, facer un volcán con bicarbonato e vinagre, conseguir un lapis quebrado, elaborar un arco da vella con caramelos ou estrelas con palillos. Coñecemos ao ovo saltarían, descubrimos unha maqueta do sistema respiratorio ou unha estación metereolóxica. Demostramos a condutividade da auga, fixemos un slime…

Canta actividade, canta emoción…Pero mellor que vexades o seguinte vídeo para que o descubrades vós.
Foi unha experiencia moi enriquecedora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Semana do Libro

 Toda esta semana estivo cargada de libros por todos os recunchos do cole e... máis aló! As familias viñeron lernos contos ás aulas, moitos ...